16/8/08
O vindeiro sábado día 16 de agosto, na pista do pavillón municipal de deportes "A CASQUEIRA" iniciarase o 1º Torneo de Fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME " organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume. Os participantes serán exclusivamente equipos que representen as asociacións veciñais municipais interesadas e compostos por xogadores que pertenezan á ditas asociacións e cunha idade mínima de 15 anos.
Os partidos se desputarán os sábados pola mañá a partir dás 11,30 horas :
-1º partido ás 11,30 horas
-o 2º partido ás 12,30 horas
O torneo desenvolverase polo sistema de competición de liga, no que todos os participantes enfrontaránse entre eles a un único partido; o primeiro e segundo clasificados desputarán a final, que se celebrará o día 9 de setembro ( faise coincidir coas festas patronais da vila ) ás 21,30 horas no pavillón A CASQUEIRA.
Os equipos participantes nesta 1ª edición do torneo serán os que representan ás seguintes asociaicións veciñais :
-OMBRE
-NOGUEIROSA
-ANDRADE
-OLMO
-VILA DE PONTEDEUME