A XUNTA ANUNCIA QUE MELLORARÁ A CALIDADE DAS AUGAS NO ESTUARIO DO EUME CUN INVESTIMENTO DE PRETO DE 3 MILLÓNS DE EUROS

16/5/11

A Consellería de Medio Ambiente ten como obxetivo que as augas desta zona de Pontedeume poidan rclasifcarse como zona marisqueira.

O Conselleiro de Medo Ambiente explica que Augas de Galicia está a facer unha análise en profundidade da situacion actual da rede de saneamento de Pontedeume.

Entre as deficiencias detectadas destácase a antigüidade dos colectores, tramos de tubaxe con diámetros distintos ou filtracións de auga mariá na rede.


A Xunta de Galicia porá en marcha unha serie de actuacións co fin de mellorar a calidade das augas no estuario do Eume, o que implicará un investimento de preto de 3 millóns de euros. Así o avanzou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, durante unha visita ao concello de Pontedeume, onde percorreu o Feirón acompañado polo alcalde da localidade, Gabriel Torrente, e polo delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo. Explicou que con estas actuacións a Xunta pretende que as augas desta zona de Pontedeume poidan reclasificarse como zona marisqueira.

Hernández salientou que dende Augas de Galicia se está a facer un estudo exhaustivo e en profundidade da situación actual da rede de saneamento de Pontedeume, co obxetivo de detectar todas as deficencias existentes na rede.

Nesta primeira fase, as actuacións están orientadas a coñecer o sistema de saneamento e centrarse en definir a situación tanto das redes de fecais e pluviais, como das unitarias. Así, os técnicos están a realizar unha recollida exhaustiva de informacion, levantamentos topográficos e inspeccións e medicións de caudais. Desta análise sairá un diagnóstico certeiro dos problemas existentes e das causas que os orixinan.

O Conselleiro manifestou que unha vez rematada esta fase inicial proporanse actuacións que permitan solucionar ou mitigar os problemas detectados. Estas actuacións irán orientadas á busca da estanquidade dos colectores fronte ás filtracións, á interceptación dos vertidos e a súa incorporación á rede, á mellora da rede mediante a súa renovación ou a execución de novos tramos. Outras actuacións tamén estarán enfocadas cara ao incremento da capacidade de retención da propia rede, mediante a execución dun ou varios tanques de tormentas que laminen as puntas de caudal, rgulando o alivio ao medio receptor.

SITUACIÓN ACTUAL:
O estado no que se atopa a Ría de Pontedeume, no contorno do peirao de Pontedeume, non é o axeitado para poder desenvolver actividades marisqueiras. O Principal motivo son as deficiencias que presenta o sistema de saneamento, como son o mal funcionamento da rede, con presenza de filtracións de augas e puntos de vertido sen depurar ao medio receptor.
Con respecto á rede de saneamento, as dificultades que entraña este estudio son varias: a existencia de colectores no casco histórico de Pontedeume feitos de mampostería, que fan probabl a existencia de filtracións; a presenza de tramos de tubaxe de distintos diámetros; a entrada de auga de mar a través dos colectores; e a existencia de varios puntos de vertido detectados nas inspeccións periódicas que se realizan dentro o Plan de Control de Vertidos, que está a desenvolver Augas de Galicia.

No tocante ás instalacións de depuración, a existente na actualidade sitúase en Centroña (E.D.A.R. de Cabanas - Pontedeume). De forma xenérica, pódese considerar que a capacidade desta EDARe aceptable para a poboación á que dá servizo. Sen embargo, a existencia de filtracións de augas mariñas á rede de saneamento, detectadas pola elevada salinidade rexistrada, incrementan notablemente o caudal afluente á instalación, polo que motivan un funcionamento anómalo do seu reactor biolóxico.
Con respecto á rede

RESUMEN LEGISLATURA EN IMÁGENES

9/5/11



Os dejamos el Powerpoint que pudieron ver los asistentes al acto de presentación de la candidatura del PP de Pontedeume.

ACTO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA

2/5/11

ENTREVISTA GABRIEL TORRENTE COPE

29/4/11

Ayer Jueves, en el programa La Tarde, de Cope Ferrol pudimos escuchar las entrevistas a 3 de los candidatos a la alcaldía de Pontedeume de cara a los próximos comicios del 22 de Mayo.

Si quieres escuchar al actual Alcalde, Gabriel Torrente, puedes hacerlo a partir del minuto 18 de entrevista.



29/3/11


PORTOS DE GALICIA PRESENTA O PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DUN PARQUIN SUBTERRÁNEO EN PONTEDEUME

Contará inicialmente con 110 prazas, coa posibilidade de amplialas no futuro

Portos de Galicia sacará proximamente a licitación a construción dun aparcadoiro subterráneo nas instalacións portuarias de Pontedeume. Así o anunciou o día 21 de Marzo o presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, na súa visita a zona para presentar os proxectos do seu departamento nesta localidade.

O dirixente autonómico explicou a proposta de Portos, que pasa pola oferta de dúas posibles ubicacións, en sendas parcelas cuxa rendibilidade como aparcadoiro foi estudada, cun resultado positivo. En calquera dos dous casos, a superficie aproximada da obra será duns 3.000 metros cadrados e o número de prazas, entorno a 110. Os terreos están situados no entorno do instituto Fragas de Eume e o hotel Eumesa.

Esta actuación virá a dar resposta á demanda de bolsas de aparcadoiro dos usuarios do porto, pero tamén prestará servizo ao global da cidadanía. O orzamento estimado é de 1,5 millóns, pero a inversión de Portos de Galicia podería rondar en total os 2 millóns de euros, dado que o ente público encargarase tamén da urbanización do entorno.

Álvarez-Campana presentou tamén o proxecto de reordenación dos pantaláns profesionais e deportivos. O obxectivo é delimitar espazos específicos para a terceira e a sétima lista. Para elo, crearase un pantalán para pescadores, con 22 prazas para embarcacións de 6 metros de eslora. Asimesmo instalarase outro para a flota náutico recreativa. Contará con 122 prazas distribuidas en 76 para esloras de 6 metros; 21, para esloras de 8 metros; e 15, para esloras de 10 metros. O orzamento desta actuación estímase en 1,3 millóns de euros.

Finalmente, na súa visita a Pontedeume, o presidente de Portos de Galicia comprobou tamén o avance das obras de construción do edificio de deportes náuticos, no que o ente público está a investir 750.000 euros. Esta dotación mellorará as condicións de actividade dos usuarios das instalacións náutico recreativas e en concreto do Clube Firrete