27/4/13
Remanente positivo ano 2012
O
Concello de Pontedeume procedeu o pasado 27/03/2013 á aprobación da
Liquidación correspondente ao exercicio de 2012, acadando un remanente positivo por importe de 249.213,82.- Euros.
Esta
é sen dúbida unha excelente noticia para o municipio Eumés, tendo un
dobre mérito polo momento de crise no que se produce. Todo isto alcanza
maior relevancia, se temos en conta que o Concello de Pontedeume non
ten ningún préstamo pendente de amortizar coas entidades financeiras,
estando tamén pagadas ao día de hoxe todas as facturas de provedores
aprobadas na anualidade de 2012.
Todos
estes datos reflexa unha moi boa situación económica do Concello,
derivada dun exercicio de responsabilidade -non gastando o que non se
ten-, froito sen dúbida do traballo serio dun Grupo de Goberno e da
Concellería de Facenda, que sen recorrer á subida xeneralizada de
impostos, nin contar con grandes ingresos urbanísticos como outros
Concellos, souberon xestionar os escasos recursos municipais, para
resolver e atender na medida do posible as necesidades dos Eumeses.
Aínda
así e dada a situación actual de crise non debemos de confiarnos.
Debemos ser prudentes e pensamos que se debe “seguir actuando con rigor e
bo facer».