O PP DE GALICIA PIDE UN PLAN DE FUTURO PARA A PESCA

7/7/08



A Xunta é incapaz de dar saída a peor crise da historia do sector


- O Grupo Parlamentario Popular solicita no Parlamento a redacción dun Plan de Futuro que analice a situación actual do sector pesqueiro e elabore medidas que garantan a viabilidade e relanzamento do sector a longo prazo.

-A proposta foi consensuada con diferentes representantes do sector e xurde despois de constatar a ausencia de medidas de carácter autonómico e estatal.

- O anterior goberno do PP na Xunta redactou no ano 2002 un documento consensuado en Galicia ante a reforma da política pesqueira e que posteriormente foi presentado ante as institucións comunitarias polo entón conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga.

- O PPdeG considera que este xeito de traballar debe repetirse polo que hay que elaborar urxentemente un documento de propostas que logo sexa presentado en Madrid e en Bruxelas por unha delegación mixta Xunta-Parlamento, como xa se ten feito no pasado.