O PPDEG PROPÓN GASTAR OS 20 MILLÓNS DE EUROS DA LIMPEZA ELECTORAL DE CUNETAS NUN SECTOR PRIMARIO QUE ESTÁ EN CRISE DESDE A CHEGADA DO BIPARTITO

27/11/08

- O PP de Galicia propón ao Presidente da Xunta, gastar os 20 millóns de euros da limpeza electoral de cunetas nun sector primario que está en crise desde a chegada do bipartito.

- Mentres o bipartito dedica 20 millóns a poñer parados nas cunetas, a automoción –que supón o 17% do PIB e 40.000 empregos- recibe a metade e o sector primario cero euros.

- Por hixiene democrática e por ética política, o PPdeG pide que retire a contratación dixital de 2.000 persoas en época electoral co pretexto de limpar cunetas.

- O PPdeG propón unha reunión das tres forzas políticas con sindicatos agrarios e confrarías, para buscar solucións a un sector primario que está contra as cordas.

- O PPdeG recorda que máis de 100.000 galegos viven do agro e da pesca, un dos sectores estratéxicos para Galicia e o bipartito non se preocupa da situación.

- O PPdeG considera que a grave crise do sector leiteiro galego débense ás pésimas negociacións socialistas na Unión Europea e pola postura antigalega dunha ministra aprobando un plan lácteo pésimo para os intereses do noso país, que supón un incremento lineal do 1% anual nos vindeiros 5 anos, e que supón a seguinte asignación de cota adicional:

Alemaña
+ 1.500.000 toneladas de leite
Francia
+ 1.300.000 toneladas de leite
España
+ 300.000 toneladas de leite


- Mentres suben sen control os custes de producción, baixan en picado os ingresos, porque os custes de reproducción aumentaron 6.500 euros máis por explotación neste ano e sen embargo, o prezo da leite segue á baixa.

- Segundo os datos dos que dispón o PPdeG, o número de explotacións pechadas nesta lexislatura suman 3.000 e, desta crise supoñemos que non lle votará a culpa aos Estados Unidos.

- Segundo os expertos, os sindicatos e os diversos colectivos do sector primario, a negociación da reforma da PAC na UE por parte da ministra “galega” de agricultura foi pésima para Galicia. Concretamente, o resultado foi claro: menos axudas aos gandeiros –ata o 33% pode quedar fora das axudas europeas- e aínda máis desequilibrio na cota láctea con Francia e Alemaña.

- O acordo asinado pola ministra “galega” en Bruxelas supón máis desequilibrio, maior entrada de leite foránea e aínda maior baixada do prezo do leite en orixe, o que supón que os países con maior excedente –Francia e Alemaña- medran 4 o 5 veces máis que España, e iso é malo para Galicia, porque e darlle máis aos que máis teñen.

O BIPARTITO DEIXA A PESCA GALEGA “Á BEIRA DA RUÍNA” E SE DESPIDE DO SECTOR CUNHA LEI CONTRARIA AOS INTERESES DOS TRABALLADORES DO MAR

Nos 100 primeiros días, o próximo Goberno do PPdeG derrogará a lei aprobada e promoverá un novo texto, consensuado co sector

- A piques de cumprirse os catros anos do acceso do PSOE e do BNG ao Goberno de Galicia, o Bipartito deixa o sector pesqueiro galego á beira da ruína.

- O rexeitamento do PPdeG á nova lei xurde do convencemento de que se trata dunha norma contraria aos intereses dos traballadores galegos do mar, elaborada desde o sectarismo dun bipartito que rexeitou o ofrecemento do Grupo Popular para tratar de elaborar unha norma de consenso.

- O próximo Goberno do PPdeG, nos seus 100 primeiros días de xestión, derrogará a lei de pesca e remitirá ao Parlamento un texto alternativo, xa consensuado co sector, a través do Consello Galego de Pesca e da Federación de Confrarías de Pescadores de Galicia.

- Fronte ao “texto de partido e pouco integrador” promovido pola actual Xunta, recordar que a anterior lei de Pesca, de 1993, foi aprobada por unanimidade logo do consenso buscado polo anterior Executivo do PPdeG.

- As eivas da nova lei de Pesca obedecen non só á negativa do Goberno a ter en conta as propostas do PPdeG, senón tamén á decisión de ignorar as formuladas polo propio sector. De feito, o Consello Galego de Pesca –no que están representados confrarías, sindicatos, armadores e mexilloeiros, entre outros colectivos- votou en contra do proxecto de lei remitido pola Xunta. O texto tamén foi cuestionado no informe elaborado polo Consello Económico e Social. Fronte a ese rexeitamento, o PPdeG chegou a elaborar unha proposición de lei propia, consensuada coa Federación Galega de Confrarías, pero rexeitada no Parlamento cos votos contrarios de PSOE e BNG.

- O texto normativo elaborado pola Xunta non da a talla, provoca unha grave inseguridade xurídica para os administrados e caracterízase por un excesivo intervencionismo.

- A nova lei de Pesca deixa en evidencia a intolerable desconfianza do bipartito fronte a formas de organización do sector pesqueiro, cun Goberno que non acepta a autonomía dos pósitos e quere unhas confrarías sumisas e controladas. Tanto é así, que con esta Lei, a Xunta abre a porta á posibilidade de disolver as confrarías.

- As carencias da lei de Pesca aprobada non rematan aí. Hai outras eivas, como o feito de que a propia Consellería de Pesca se tivese esquecido, na primeira versión do texto, de regular as tarefas de vixilancia e inspección pesqueira e salvamento marítimo. A “chapuza” foi remediada mediante unha emenda inducida polo propio Goberno, pero aínda así este ámbito queda regulado con moitas carencias.

- Cuestiona tamén o PPdeG o tratamento normativo que reciben as autorizacións marisqueiras, cuia titularidade corresponde ata o de agora ás confrarías, e que se ofertarán mediante concurso público, sen explicitar os criterios que deberán terse en conta nese procedemento.

- Nesta mesma liña, hai que reprochar ao bipartito que, do mesmo xeito que xa acabou co liderado de Galicia en materia de acuicultura, aboque agora aos mexilloeiros ao mesmo camiño, como consecuencia da nova regulación en materia de concesións sobre bateas e outros medios de cultivo.

- Perderon unha oportunidade única porque este proxecto de lei non atende á realidade da acuicultura Galicia e non garante o futuro do sector mexilloeiro; nin fomenta unha verdadeira política industrial para a transformación e comercialización.

O BIPARTITO PROMOVE UNHA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS QUE NON GARANTE PRESTACIÓNS E SE LIMITA A CREAR FALSAS EXPECTIVAS E MULTIPLICAR A BUROCRACIA

En canto o PPdeG chegue á Xunta, promoverá unha reforma da lei aprobada, contando coas achegas de todo o movemento asociativo de Galicia, e para garantir os dereitos dos afectados

- A lei de servizos sociais promovida polo Goberno bipartito non só non responde ás expectativas xeradas, nin ás necesidades reais da Comunidade Autónoma, senón que tampouco garante prestacións aos cidadáns e se limita a crear falsas expectativas, como xa sucedeu coa Lei de Dependencia.

- Esta nova lei se suma á nómina de leis do bipartito que responden máis a unha estratexia de imaxe e propaganda que a unha intención real de solucionar problemas por parte da actual Xunta.

- A nova lei se limita a efectuar unha declaración de intencións, pero sen garantía algunha que blinde o dereito de que os galegos en situación de desigualdade poidan esixir e acceder sen demoras a servizos e prestacións que os encamiñen cara unha vida integrada e normalizada. De feito, tal e como foi redactada, a lei non recoñece explicitamente os dereitos das persoas ás que vai dirixida.

- As eivas da lei de Servizos Sociais son similares ás da Lei de Dependencia, aprobada hai dous anos e coa que a Xunta creou falsas expectativas entre os máis de 100.000 dependentes galegos. Lamentablemente, a Lei de Dependencia, en vigor desde xaneiro de 2007, estase a desenvolver en Galicia cun notable retraso e ineficiencia. Este antecedente sitúa ao PPdeG en alerta sobre a necesidade de que as leis se elaboren contemplando plenas garantías de aplicación real.

- Ademais, cómpre recordar que o bipartito elaborou esta lei con retraso respecto aos compromisos iniciais, xa que tanto Quintana como o Touriño se comprometeron a remitila á Cámara no primeiro trimestre de 2007, e non o fixeron ata ano e medio despois.

- O PPdeG recoñece a necesidade de efectuar unha ordenación eficaz dos servizos sociais, pola propia transformación e a evolución das necesidades sociais nos últimos tempos, que obriga a unha actualización das políticas públicas de benestar, tanto en Galicia, como en todo o Estado.

- Sen embargo, a lei aprobada limítase a realizar unha estruturación do sistema de servizos sociais, establecendo unha serie de instrumentos, como a Axencia de Servizos Sociais, pero con plantexamentos e regulación moi limitados, sen que deles se desprenda unha idea de utilidade e eficacia reais. Resulta, pola contra, unha excesiva burocracia que limita o acceso dos cidadáns aos servizos sociais.

- Así, mentres a Xunta anuncia un freo á creación de entes públicos, a lei de servizos sociais abre a porta á posta en marcha de novos chiringuitos administrativos, como o Instituto de Servizos Sociais, que escaparán ao control do Parlamento e permiten unha xestión discrecional e de elevado custe.

- O Grupo Popular abstívose na votación da lei de Servizos Sociais “porque prexudica máis un baleiro legal que unha mala lei”. Nun exercicio de responsabilidade e solidariedade cos cidadáns galegos que non poden agardar máis por unha reforma normativa e precisan mellorar a súa calidade de vida, os populares galegos optaron pola abstención, por entender que tampouco poden apoiar un texto que non responde ás necesidades reais dos galegos, busca consolidar o modelo clientelar iniciado co Consorcio Galego de Servizos Sociais e xurde desde a minoría de 13 deputados do BNG que a pretende impoñer ao conxunto da sociedade galega.

- Proba diso é que das 60 emendas formuladas polo PPdeG, os socios da Xunta só aceptaron 5 (sobre cuestións menores) ademais de rexeitar as propostas efectuadas desde os diferentes colectivos que operan en Galicia no ámbito dos servizos sociais.

- En canto o PPdeG chegue á Xunta, promoverá unha reforma da lei aprobada, contando coas achegas de todo o movemento asociativo de Galicia, e para garantir os dereitos dos afectados. Entre as novidades que introducirá a futura lei do PPdeG figura un protocolo de tratamento urxente en materia de servizos sociais, que permita superar os longos atrancos burocráticos aos que teñen que someterse actualmente os usuarios, o que provoca que moitas persoas (maiores ou dependentes) falezan antes de que lles sexa recoñecida a prestación solicitada.

Pontedeume condena los malos tratos con una muestra fotográfica

25/11/08

El Concello de Pontedeume conmemorará el 25 de noviembre, Día Internacional contra la Violencia de Género, con un "completo" programa de actividades que comenzarán a las 12.00 horas con la lectura de un manifiesto. Al acto, que se desarrollará en la plaza Real, han sido invitados los institutos y las asociaciones del municipio.

Media hora más tarde, el Gobierno local hará público el fallo del I Concurso de Relatos Breves pola Igualdade, organizado por la Concellería de Servizos Sociais y dotado de un primer primero de 400 euros.

Ya por la tarde, a las 20.00 horas, el Ayuntamiento inaugurará una exposición fotográfica contra los malos tratos en el centro municipal de mayores. El Concello ha implicado en esta actividad "a todos los colectivos de la sociedad eumesa", a quienes la edil de Servizos Sociais, Ruth García, quiso expresar su gratitud. Uno de los principales objetivos de esta actividad, además de servir de denuncia, es destacar la importancia de la implicación de todos los agentes sociales en la prevención de la violencia de género.

La muestra se cierra con una foto conjunta de las cuatro concejalas de la Corporación, con la que se trata de comunicar, según García, que lucha contra la violencia de género "es algo que une a todos, por encima de cualquier diferencia política". La programación se completa con una serie de talleres propuestos por el Concello a los centros educativos para abordar este tema.

El Concello convocará una oferta de empleo público antes de fin de año

1/11/08

El Ayuntamiento de Pontedeume convocará parte de las plazas de la Oferta de Empleo Público (OEP) anunciada este año antes de que comience 2009. Así lo confirmó ayer el portavoz del Partido Popular y concejal de Hacienda y Urbanismo, Eugenio Otero, en respuesta a una pregunta formulada en el pleno por el PSOE.
El responsable municipal no especificó el número de puestos que el Gobierno local sacará a concurso ni las características del proceso -si será libre o por oposición- e indicó que se trata de una "competencia de la Alcaldía". "Pero como en todo, hay posibilidad de hablarlo", apostilló Otero.

La OEP enfrenta al Concello y parte de sus empleados desde el pasado mes de febrero, cuando el alcalde, Gabriel Torrente, presentó el documento a los delegados sindicales. De las 50 plazas incluidas en la oferta de empleo, unas 40 están ocupadas por personal interino e indefinido con una media de 15 años en la Administración local. El equipo de gobierno rechaza un proceso de consolidación que dé cierta ventaja a estos empleados, pero asegura que está dispuesto a negociar las bases de cada convocatoria.

De hecho, el pasado mes de junio constituyó la Mesa General de Negociación, un órgano demandado en reiteradas ocasiones por los sindicatos y que integran doce personas, seis representantes de los trabajadores y otros seis del Concello. Cuatro meses después de su constitución, la mesa todavía no ha sido convocada. La postura del Ejecutivo municipal llevó a los trabajadores municipales a concentrarse frente al Consistorio un día a la semana, a informar a los vecinos mediante folletos y a estudiar la posibilidad de convocar una huelga.
La Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), sindicato mayoritario en el comité de empresa, ha presentado una propuesta de negociación al equipo de gobierno que recoge "un abanico de posibilidades de convocatorias" para cubrir las plazas de la Oferta de Empleo Público. "Nosotros defenderemos la opción de la consolidación, pero si no puede ser se estudiará el concurso oposición... Lo que hacemos es emplazarlos a sentarse a negociar", señalaban desde el sindicato el pasado mes de junio.

Otros asuntos
El orden del día del pleno de ayer incluyó la modificación de las ordenanzas fiscales que regulan las tasas por el servicio de alcantarillado, suministro de agua, uso de la piscina y recogida de la basura. En los cuatro casos, el Gobierno local ha propuesto una subida de un 4,5% -el incremento este año del Índice de Precios al Consumo (IPC)- y la medida fue respaldada por unanimidad.
La Corporación local también aprobó una moción del PSOE en la que se solicita al Concello que reclame por escrito a la Xunta la cesión del terreno necesario para ampliar la calle Galera, paralela al Couceiro Freijomil, y que pida de forma formal a la Consellería de Educación y a la dirección del instituto Fraga do Eume el uso como aparcamiento público del campo de fútbol de tierra anexo al centro "fuera del horario escolar y en las condiciones que se acuerden".
El BNG presentó una iniciativa por la vía de urgencia para exigir la limpieza del tramo de calle que da acceso a la estación de tren, en un estado "calamitoso", y para instar al Gobierno local a conocer las demandas horarias de los usuarios de la línea de ferrocarril entre Coruña y Ferrol y trasladarlas a Renfe y a la Xunta. Su propuesta, igual que la de los socialistas, fue apoyada por todos los grupos.

Fuente: La Opinión Coruña