NOTICIAS VENRES

6/11/09

ALAKRANA



Ofrecemos o noso máis sincero apoio para as familias dos tripulantes secuestrados e tamén para o Goberno central na difícil situación que están afrontando ante as últimas novidades do secuestro do Alakrana.

O máis importante é preservar a integridade da tripualación, botando man de todas as ferramentas posibles e coa máxima unidade. O prioritario é devolvelos aos seus fogares sans e salvos. As reflexións e a avaliación dos acertos e dos erros debe vir despois.
Sen embargo, os populares tamén queremos manifestarlle ao Goberno central a nosa queixa de que a súa promesa de manter ao Goberno galego permanentemente informado non se está a cumprir.
Onte Feijóo falaba coa Vicepresidenta do Goberno, De la Vega, quen lle asegurou que todo ía ben e que a situación era estable e prometeu informarlle de calquera novidade de contado. A Vicepresidenta non volveu poñerse en contacto con Feijóo ata esta mañá, e toda a información da que dispoñía o Goberno galego onte chegoulle por teletipos.
Mentres tanto, o lehendakari Patxi López, quen si está recibindo información directa e constante por parte do Goberno central, amosábase onte visiblemente preocupado e manifestaba públicamente a súa intranquilidade.

Os populares preguntámonos, polo tanto, por qué ao Goberno galego, pola contra, se nos dá unha mensaxe de tranquilidade e non se nos mantén plenamente informados como sucede co lehendakari.

Lembrámoslle a Zapatero que hai oito galegos no Alakrana, dous deles xa ameazados de morte, e queremos repetirlle que os populares galegos estamos á súa enteira disposición para colaborar pero para iso tamén é vital que nos teñan informados.

Ás familias dos tripulantes ofrecémoslles todo o noso apoio e cariño e asegurámoslles que desde faremos todo o que estea na nosa man para axudalos nesta difícil situación.



VIAXE A MIAMI

Ante as complicacións que surxiron co secuestro do Alakrana, o presidente da Xunta de Galicia deu esta mañá unha lección de responsabilidade e decidiu suspender a súa viaxe a Miami para recoller o premio de Español Universal.

Os populares temos que felicitarnos por ter un presidente sensato, que sabe estar á altura das circunstancias e que antepón as súas responsabilidades para cos galegos a calquera tipo de premio.
O presidente do Goberno galego prefire quedarse en Galicia, apoiando incondicionalmente ás familias dos oito galegos secuestrados e seguindo, minuto a minuto, a evolución dos acontecementos.
Sen embargo, tamén lamentamos que o feito de termos un presidente responsable non se trate dunha boa noticia posto que pon punto e final ás críticas que se dedicaron a facerlle a Feijóo con motivo da viaxe oficial a Miami.


CAIXAS

O Goberno galego mantén a súa preferencia por que en Galicia haxa unha ou dúas caixas solventes.

Para a Xunta, o máis importante é que se manteña a galeguidade, a solvencia e a vinculación territorial destas entidades coa fin de contar cun ente financeiro eficiente e potente en Galicia.

O Goberno de Feijóo mantén que informará da postura que considera máis axeitada para Galicia nada máis rematar as conversas coas entidades e co Banco de España, que será antes de que finalice o presente ano.

Segundo Feijóo, hai un compromiso básico que é que Galicia ten que seguir presente no futuro mapa financeiro español. O presidente quere a mesma transparencia e búsqueda do interese xeral co tema das caixas de aforros que houbo co novo Decreto Eólico.

Por outra banda, o Goberno de Galicia non vai entrar en valoracións dos plans das caixas galegas e vai seguir actuando con prudencia e sentido da responsabilidade

Así mesmo, a postura da Xunta trasladaráse aos axentes económicos e sociais cando haxa unha conclusión sobre o asunto, que será antes de que remate o ano.

É importante lembrar que tanto a transparencia como o diálogo están garantidos neste proceso. Do mesmo xeito, tamén está garantido que se manterá a galeguidade das caixas.

NOVAS POPULARES

5/11/09

SEDE SOGAMA

O PP se reafirma no dito.

Existen documentos internos da Xunta que proban os sobrecustos na sede de Sogama e no seu mobiliario.

O PSOE debería deixar de xudicializar a vida política con este tipo de cuestións que a ninguén importan.

O PPdeG non vai deixar de esixirlle a Vázquez que dea as explicacións que lles debe aos cidadáns acerca do sobrecusto.

Existen dúas opcións: ou ben que Vázquez pagou á empresa adxudicataria un sobrecusto por neglixencia súa ou que ese diñeiro se desviou irregularmente a outras persoas.

Vázquez debe lembrar que os galegos merecen unha explicación sobre o destino do seu diñeiro. Non está ben que trate de evitar darlla unha vez máis, como fixo co asunto da reforma do seu pazo.


FUSIÓN DAS CAIXAS
A prioridade do Goberno actual é manter a galeguidade, a solvencia e a vinculación territorial destas entidades coa fin de contar cun ente financeiro eficiente e potente.
Segundo Feijóo, hai un compromiso básico que é que Galicia ten que seguir presente no futuro mapa financeiro español. O presidente quere a mesma transparencia e búsqueda do interese xeral co tema das caixas de aforros que houbo co novo Decreto Eólico.
Por outra banda, o Goberno de Galicia non vai entrar en valoracións dos plans das caixas galegas e vai seguir actuando con prudencia e sentido da responsabilidade
Así mesmo, a postura da Xunta trasladaráse aos axentes económicos e sociais cando haxa unha conclusión sobre o asunto, que será antes de que remate o ano.

XESTIÓN DO COPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES
O 93% dos estudantes galegos teñen acceso gratuíto aos comedores que xestiona directamente Educación.
Esto débese ao esforzo da Xunta de Galicia por afrontar o déficit de 4,5 millóns de euros deixados polo bipartito.
O 7% restante dos usuarios terá que ingresar o prezo reducido nas correspondentes entidades bancarias a mes vencido. A cifra oscilará dependendo dos días que o escolar empregase o servizo.
Deste xeito, resólvese unha situación irregular, pola que este pagamento non se facía atendendo á lei de prezos públicos, tal e  como corresponde ás taxas de comedores. 
Foi o bipartito quen obrigou a pagar, dun día para outro 2,60 euros a estes usuarios que en principio non gozarían do servizo, e que ata ese momento non pagaban cantidade algunha.  
O bipartito decidiu introducir a cultura do copago coas familias para poder sufragar este servizo complementario, ferramenta indispensable para a conciliación da vida laboral e familiar. 

DECRETO DO GALEGO

En Galicia conviven o galego e o castelán e existe un sentimento maioritario de apoio ao avance do galego para que se acade a igualdade plena co castelán.
Esto non o logrou acadar o vixente Decreto do Galego. De feito, boa parte da sociedad o percibiu como unha imposición.
Cómpre que recuperemos un clima no que o tema da lingua non estea na primeira liña do debate político.
O vindeiro mes de xaneiro se efectuará a convocatoria para os proxectos dos equipos de dinamización lingüística. Así se lles indicou aos centros por carta o pasado 21 de setembro.
O bipartito realizara as convocatorias nos meses de frebeiro e marzo, moito máis tarde aínda.