5/11/09
SEDE SOGAMA
O PP se reafirma no dito.
Existen documentos internos da Xunta que proban os sobrecustos na sede de Sogama e no seu mobiliario.
O PSOE debería deixar de xudicializar a vida política con este tipo de cuestións que a ninguén importan.
O PPdeG non vai deixar de esixirlle a Vázquez que dea as explicacións que lles debe aos cidadáns acerca do sobrecusto.
Existen dúas opcións: ou ben que Vázquez pagou á empresa adxudicataria un sobrecusto por neglixencia súa ou que ese diñeiro se desviou irregularmente a outras persoas.
Vázquez debe lembrar que os galegos merecen unha explicación sobre o destino do seu diñeiro. Non está ben que trate de evitar darlla unha vez máis, como fixo co asunto da reforma do seu pazo.
FUSIÓN DAS CAIXAS
A prioridade do Goberno actual é manter a galeguidade, a solvencia e a vinculación territorial destas entidades coa fin de contar cun ente financeiro eficiente e potente.
Segundo Feijóo, hai un compromiso básico que é que Galicia ten que seguir presente no futuro mapa financeiro español. O presidente quere a mesma transparencia e búsqueda do interese xeral co tema das caixas de aforros que houbo co novo Decreto Eólico.
Por outra banda, o Goberno de Galicia non vai entrar en valoracións dos plans das caixas galegas e vai seguir actuando con prudencia e sentido da responsabilidade
Así mesmo, a postura da Xunta trasladaráse aos axentes económicos e sociais cando haxa unha conclusión sobre o asunto, que será antes de que remate o ano.
XESTIÓN DO COPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES
O 93% dos estudantes galegos teñen acceso gratuíto aos comedores que xestiona directamente Educación.
Esto débese ao esforzo da Xunta de Galicia por afrontar o déficit de 4,5 millóns de euros deixados polo bipartito.
O 7% restante dos usuarios terá que ingresar o prezo reducido nas correspondentes entidades bancarias a mes vencido. A cifra oscilará dependendo dos días que o escolar empregase o servizo.
Deste xeito, resólvese unha situación irregular, pola que este pagamento non se facía atendendo á lei de prezos públicos, tal e como corresponde ás taxas de comedores.
Foi o bipartito quen obrigou a pagar, dun día para outro 2,60 euros a estes usuarios que en principio non gozarían do servizo, e que ata ese momento non pagaban cantidade algunha.
O bipartito decidiu introducir a cultura do copago coas familias para poder sufragar este servizo complementario, ferramenta indispensable para a conciliación da vida laboral e familiar.
DECRETO DO GALEGO
En Galicia conviven o galego e o castelán e existe un sentimento maioritario de apoio ao avance do galego para que se acade a igualdade plena co castelán.
Esto non o logrou acadar o vixente Decreto do Galego. De feito, boa parte da sociedad o percibiu como unha imposición.
Cómpre que recuperemos un clima no que o tema da lingua non estea na primeira liña do debate político.
O vindeiro mes de xaneiro se efectuará a convocatoria para os proxectos dos equipos de dinamización lingüística. Así se lles indicou aos centros por carta o pasado 21 de setembro.
O bipartito realizara as convocatorias nos meses de frebeiro e marzo, moito máis tarde aínda.