O BIPARTITO PRESENTA UNS ORZAMENTOS CUNHA PREVISIÓN DE GASTO CATRO VECES SUPERIOR Á INVERSIÓN

21/10/08

Os orzamentos da Xunta están feitos ao revés, xa que se incrementa o gasto da Xunta catro veces máis que as inversións.

- O gastos de persoal increméntanse por riba do 7%.

- O gasto de funcionamento da Xunta de Galicia elévase por riba do 5% con respecto ao 2008.

- As cifras contrastan coas previsións de investimento feitas polo bipartito, que tan so se ven incrementadas nun 1,3%.

-Os orzamentos do bipartito non son unhas contas feitas para a crise económica que estamos a padecer.

-O PPdeG cree que se perdeu unha oportunidade histórica de negociar uns orzamentos para a crise. Pola contra, o Goberno prefire vivir mellor a conta das familias galegas.

-O traballo do PPdeG é redactar un plan de austeridade e de axuste nos gastos de funcionamento da administración , xa que nestes tempos de crise e de paro, o goberno non pode vivir por riba das posibilidades das familias galegas e por riba do pobo.