LEI DE CAIXAS

2/1/10

Cumprimento da petición unánime dos portavoces dos tres grupos parlamentarios para “garantir que antes de que remate o ano poidamos contar cunha nova lei aprobada pola Cámara”. A falla de consenso é polo cambio de actitude do PSOE que é capaz no prazo dun mes de pedir a urxencia dunha reforma e criticar as presas coas que a reforma se está a realizar

A reforma ven cubrir “unha eiva máis do Goberno bipartito”, que non foi quen de exercer “en plena crise financeira, as capacidades de supervisión ás que a lexislación lle obrigaba

A reforma da Lei de caixas está incluída no Programa electoral dos tres grupos parlamentarios da Cámara

A reforma debe:

Evitar a politización dos seus órganos de goberno, para reforzar a profesionalidade e independencia das caixas, como garantía da súa solvencia
Manter e reforzar o carácter social das caixas

Contradicións do PSOE.

Os grupos estaban dacordo no relativo á autorización pola Xunta de determinados investimentos de risco por parte das caixas pero Vázquez logo descolocouse dicindo que era intervencionista

A reforma mellora a independencia das caixas, a representatividade dos seus órganos de goberno, a capacidade de supervisión dos poderes públicos e a operatividade interna das caixas

Exclúese aos cargos políticos, incluídos os asesores, dos órganos de goberno das caixas (é paradóxico que nos acusen de politizar cando un dos seus lideres provinciais, o alcalde dunha das grandes cidades e un alto cargo do grupo parlamentario formen parte do Consello de Administración dunha das caixas)
A nova lei reforza a independencia, política e económica, e a profesionalidade dos membros dos órganos de goberno das caixas.
A proporcionalidade de representantes da CA é moi parella e mesmo inferior a de outras CC.AA. (Aragón: 21%, Asturias: 23%...)
Algunhas CC.AA., como Andalucía, o executivo autonómico se reserva o nomeamento directo dun 15% dos membros dos órganos de goberno, cousa que non ocorre en Galicia
As entidades locais teñen unha representación equiparada á do Parlamento. Manterase unha terceira parte para os concellos.
Resulta esencial distinguir entre o que é a intervención dos poderes públicos nas caixas do que é a supervisión da actividade das caixas por parte dos poderes públicos (o executivo concentra as capacidades de supervisión, sendo o Parlamento o que participa no nomeamento dos órganos das caixas
Garántese a solvencia das entidades, en beneficio dos seus CLIENTES
Garante que o destino da Obra benéfico social responda as necesidades dos galegos

Vázquez (PSOE) está a alentar o peor ataque a consolidación do autonomismo, deixando a un alcalde proclamar un localismo irracional no sur, ao outro no norte, e ao do medio explicando que se trata de “loitas de poder entre Caballero e Losada”