29/1/09
O PPdeG reclama axudas para os afectados polo temporal da pasada fin de semana , que os pagos se efectúen inmediatamente e anuncia que os concellos do PP abrirán oficinas para atender aos veciños
Urxe a Xunta a actuar con celeridade e que publique esta mesma semana no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria de axudas para indemnizar con urxencia a todos os afectados polo temporal e entende que as axudas públicas deben ter carácter subsidiario respecto aos danos cubertos por seguros e complementarían a estes cando non cubran a totalidade dos danos
Estas axudas deben establecer indemnizacións por falecemento, incapacidade absoluta permanente e lesións derivadas do temporal que acabaran provocando a hospitalización do afectado.
En materia de Vivenda as axudas públicas deben cubrir o 100% dos danos provocados nas residencias e no enxoval doméstico afectado.
Tamén que se cubran os danos nas edificacións, instalacións, maquinaria, mercadorías e vehículos afectados e pertencentes a establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos, así como as perdas ocasionadas pola falta de fluído eléctrico.
As axudas públicas deben cubrir a totalidade dos danos provocados polo temporal en explotacións agrícolas e gandeiras e nas infraestruturas particulares danadas, como camiños forestais, captacións de auga e outras.
O PPdeG considera necesario indemnizar aos gandeiros polas perdas derivadas do corte da subministración eléctrica (leite, carne, ) e aos propietarios forestais que viron mermadas as masas arbóreas.
A incapacidade financieira dos concellos para facer fronte aos desperfectos leva ao PPdeG a instar á Xunta a que asuma o 100% dos custes das actuacións necesarias para repoñer o equipamento público deteriorado, como as redes de abastecemento de auga e saneamento, recollida e tratamento de RSU, instalacións e equipamentos de lecer, reparación de vías de titularidade municipal e custes extraordinarios derivados dos operativos realizados
O PPdeG reclama unha liña de indemnización que complemente aos seguros existentes para afrontar os danos ocasionados en vehículos e embarcacións por mor do temporal