O CONCELLO ANUNCIA QUE A EXTERNALIZACION DO SERVICIO DE LIMPEZA MELLORARÁ SENSIBLEMENTE A RECOLLIDA DE LIXO E A LIMPEZA DAS RUAS EUMESAS

25/3/09

• O novo servicio foi presentado onte ás entidades veciñais do municipio, que amosaron o seu respaldo á externalización do servicio

O goberno local de Pontedeume levará ó Pleno Municipal de mañán a aprobación da externalización do servizo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria de Pontedeume.

O alcalde eumés explicou que son continuas e reiteradas, as queixas por parte de moitos eumeses pola deficiencia deste servizo dende hai xa moitos anos.
A Corporación Local, despois de estudar ao detalle o estudo de viabilidade para a externalización do servizo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria, puido comprobar como as vantaxes da contratación indirecta deste servizo supón un aforro en custos moi importante para o Concello e o que é máis importante garantiría un servizo de recollida e unha limpeza das rúas máis eficiente e de maior calidade, reflexándose esta melloría claramente nun mellor benestar para todos os eumeses. Onte a tarde a corporación Local explicou a situación ante os representantes das asociacións veciñais da vila eumesa, que respaldaron a iniciativa proposta polo equipo de gobierno dirixido polo popular Gabriel Torrente.

UN SERVICIO DEFICIENTE DENDE HAI ANOS


Segundo se explicou dende o gobierno local a situación actual do servicio é moi deficiente, contando con dous camións para a recollida do lixo, e dúas quendas de traballo:, con un conductor e un peón na primeira, e cun conductor e dous operarios na segunda. A primeira quenda de traballo recolle os Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres, mentres que a segunda recolle os Luns, Martes, Venres e Domingo. Nos dous casos os operarios traballan unha xornada de 6.00 a 13.00 horas.

No tocante ó servicio de Limpeza viaria, o concello dispón de 6 empregados, un dos cales está de baixa desde fai máis dun ano, ademais non se pode cubrir a súa baixa por ser interino, é dicir non ten nin praza fixa, polo que en realidade tan só hai 5 traballadores. A súa xornada de traballo tamén é de 6.00 a 13.00 hrs, 5 días á semana. O custo total deste servizo supón máis de 650.000 € ao ano ao Concello.

AS MELLORAS DA EXTERNALIZACION

Segundo se explicou dende o gobierno local, a externalización do servizo, suporía importantes melloras para o servicio de limpeza. A externalización do servicio permitiría realizar recollida DIARiA no casco úrbano, e nas parroquías recollida en días alternos(un si e un nón). A externalización permitiría a reposición de 28 colectores anuais e limpeza e desinfección 3 veces ao ano como mínimo dos colectores do lixo.

A externalización permitiría dispoñer de 3 Camións en lugar de 2:

-324 días días ó ano cun camión de 16 m³ (capacidade coa que podería recoller todas
as parroquías do noso pobo, evitando perder case 2 horas en desprazamentos
para descargar o camión, unha vez énchese, como pasa na actualidade)

-298 días con camións de 8 e 12 m³

-Incluiríase tamén a recollida de enseres unha vez ao mes e un camión de
guindastre aberto (actualmente xa se está pagando a empresas por realizar
este servizo), así como a xestión do Punto Limpo, téndoo aberto durante
300 días ao ano, incluíndo o traslado de residuos.

-A externalización permitiría limpar as rúas rúas de Pontedeume cunha maquina varredora de Luns a Sábado.

-Haberá 5 persoas barrendo de Luns a Venres 260 días ao ano

-O fin de semana haberá 3 persoas barrendo constantemente.

UNHA APOSTA POR MELLORAR O SERVICIO

En definitiva, dende o gobierno local saliéntanse as ventaxas da externalización do servicio, concluindo todas estas ventaxas, que poderían ser mellorasdas pola empresas que concursen para facerse cargo do servizo. Dende o gobierno local se agrada que as empresas farán melloras a maiores que redundarán na mellora do servizo có que este ainda pode ser máis completo se cabe.

Dende o concello se sinala que a mellora deste servicio é algo que lle afecta ó peto dos eumeses, e que non suporá un maior coste dorecibo actual, que nón sexa a subida do IPC anual. En definitiva, se trata de ampliar o servicios e melloralos,

Dende o gobierno local se agrada que a proposta para mellorar o servicio de limpeza conte co respaldo de todos os grupos políticos que conforman a Corporación municipal.