CLAUSURA DO PROGRAMA CINENSINO

7/5/09


Esta mañá tivo lugar a clausura do programa Cinensino para o presente curso 2008/9 na Casa da Cultura de Pontedeume.

O proxecto que a Concellería de Servicios Sociais realiza dende hai anos incardinado dentro do Programa de Prevención das Drogodependencias conta ano tras ano coa colaboración dos centros de ensino do municipio, polo que dende aquí queremos agradecer o traballo realizado por todos e cada un dos mestres implicados para que os obxectivos desta acción teñan unha maior posibilidade de seren acadados.

Segundo indicou a Concelleira de Servicios Sociais, Ruth García, Cinensino ten como fundamento a certeza de que os medios de comunicación audiovisual son unha ferramenta privilexiada para lexitimar comportamentos. O cine axuda a observar, non so vendo, tamén sentindo, e fainos críticos e abertos a unha linguaxe máis global, polo que é un xeito máis que axeitado para mostrar e aprender actitudes e comportamentos máis saudables. Éste é o motivo polo que dende hai tempo o Concello segue invertindo neste tipo de proxectos.

Cinensino ofrece aos mozos e mozas información veraz e detallada acerca da natureza, efectos e riscos que derivan do uso de drogas, contrarresta a influencia de factores que poden favorecer a aparición de problemas de consumo e fortalece nos alumnos e alumnas algúns recursos personais que lles permitan manexarse axeitadamente en situacións de grupo relacionadas co consumo de drogas.

O programa contou con seis sesión ao longo do curso, para os alumnos e alumnas de ESO e EPO de todos os centros escolares de Pontedeume, que desfrutaron da proxección dos largometraxes Los seis signos de la luz, El niño de marte e El niño del pijama de rayas para os cursos da ESO; e Mr. Magoriun y la Tienda Mágica, Carlitos e O espirito do Bosque.