TORRENTE COMUNICA OS PROBLEMAS DOS CENTROS EDUCATIVOS AO DELEGADO PROVINCIAL

16/5/09

O Concello de Pontedeume traslada ao Delegado Provincial as necesidades dos centros educativos eumeses.

O Alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, e o Concelleiro de Ensino, Javier Crespo, trasladaron ao Delegado Provincial en datas recentes as solicitudes realizadas polos equipos directivos de colexios e institutos do Concello.

En reunión mantida recentemente con Diego Calvo, o Alcalde Torrente e Crespo transmitiron as inquedanzas dos representantes da comunidade educativa con respecto ás correccións nas obras que serían precisas levar a cabo no edificio do Couceiro Freijomil, todas aquelas necesidades que comunicaron dende o CEIP de Andrade así como as suxerencias dos Institutos sitos no municipio.

Crespo mostrou o seu especial interés nas necesidades que ten o centro educativo de Andrade, que mostra o abandono no mantemento durante 18 anos ó que o relegaron as anteriores corporacións presididas por Belarmino Freire.

Segundo informou Javier Crespo, Concelleiro de Ensino, o deterioro que mostra o Colexio non se produciu en dous anos, senón que é froito de moitos anos mostrando total desinterés por manter o colexio en boas condicións. Todas as cuestións a arranxar agora poideran evitarse de térense realizado as actuacións propias de mantemento que ano a ano debería asumir o Concello, polo que ahora debemos recurrir ó organismo autonómico, por medio do seu Delegado, para acadar apoios e tratar de solventar problemas básicos como poden ser os que poñen en risco a seguridade do alumnado que acode todos os días ó Centro.

Crespo quere deste xeito mostrar o interés que ten o Goberno Municipal por arranxar e dar cabida ás peticións realizadas polos representantes da comunidade escolar eumesa.