7/5/09
Con motivo da celebración do día DAS LETRAS GALEGAS, o Servizo municipal de Deportes do concello de Pontedeume está a organizar a " V XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES " en colaboración cos centros educativos e as distintas asociacións veciñais do municipio.
Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso.
Nun principio durante varias dás edicións anteriores, celebrábase unha xornada de xogos, que se facía coincidir co DÍA DAS LETRAS GALEGAS ; na última edición, ( o ano pasado ) tras as conversas mantidas entre os membros do Servizo de Deportes do concello cos docentes e dirixentes de todos os centros educativos do municipio e coas asociacións veciñais, decidiuse cambiar a forma de desenvolver esta xornada para que tanto os rapaces como os maiores teñan maior posibilidade de aprender ou lembrar a práctica destes xogos, xa que o material necesario para levalos a cabo, permanecerá durante varios días nos centros educativos a disposición dos interesados.
Tras comprobar que o índice de participación durante a edición do 2008 foi moito maior e que os diferentes colectivos implicados amosaron ( docentes dos centros educativos, alumnos, pais dos alumnos, membros das asocicacións de veciños ) a súa satisfación polo grado de implicación do concello para o mentemento destes xogos tradicionais este ano continuarase coa mesma liña de actuación intentando achegar o máximo posible aos diferentes colectivos estes xogos de sempre.
CALENDARIO DAS XORNADAS DOS XOGOS POPULARES :
11-12-13 de maio participarán dos xogos os seguintes centros educativos :
Couceiro Freijomil- Andrade-Atocha-Luis Vives
14-15 de maio, nas escolas unitarias de :
Boebre-Centroña-Ombre-Campolongo e AA/VV
Durante estes días poderán ter acceso ao material aquelas asociacións de veciños que o requiran ; o material quedará depositado nas escolas.
19 de maio na Unidade Veciñal Olmo en horario de 9,30 a 13,30 horas.
20-21-22 de maio permanecerán nos institutos da localidade.
XOGOS POPULARES A DESENVOLVER NESTA EDICIÓN :
-XOGOS CO ARO
-BUXAINA
-SOGATIRA
-CANICAS
-ZANCOS
-RA
-A CHAVE
-BIRLOS
-PANO
-PETANCA
-CARREIRAS DE SACOS.