21/4/10
Onte fixo exactamente 365 días que os populares tomaron as riendas da Xunta e, durante todo este tempo, o equipo de Feijóo demostrou que non está no Goberno para permanecer e aguantar senón para traballar intensamente e arriscarse a desgastarse se é preciso con tal de encarar os problemas de Galicia.
Así, durante este primeiro ano de lexislatura, os populares na Xunta traballaron en todos os sectores e ámbitos nos que había demandas que responder, como o lácteo, o naval, as infraestruturas, o Xacobeo e, especialmente, o desemprego. Neste aspecto, pódese dicir que as medidas da Xunta empezan a surtir efecto e desde logo non os populares no Goberno non descansarán ata que as cifras do paro sexan iguais a 0.
Así mesmo, o Goberno galego cambiou a soberbia coa que actuaba o bipartito por humildade, tanto para os seus erros, os menos, e como para os seus acertos, os máis.
O PPdeG fai fincapé en que agora toca seguir traballando para continuar facendo de cada día unha nova oportunidade para Galicia.