22/4/10
O Plan Hurbe do Goberno galego vai supoñer un antes e un despois no rural galego ao movilizar 96 millóns á vez que xerará máis de 2.000 postos de traballo.
Este programa está destinado a buscar o reequilibrio territorial de Galicia e a mellorar a calidade de vida nas aldeas, para deter o éxodo rural. Non se trata dun cheque en branco para que os concellos fagan con el o que queiran, posto que só se financiarán obras necesarias, nin tampouco dun Plan E á galega senón que é un verdadeiro programa de mellora da calidade de vida do rural.
Os populares galegos subliñan que fronte á intención do equipo de Zapatero de desahuciar a Galicia e empobrecer aos galegos e de impedir que Galicia avance, temos unha Xunta centrada en dinamizar o emprego e en conseguir que a nosa Comunidade prospere.
Hai Gobernos que invisten en carteis de obra, e outros que apostan por investir en obras, o da Xunta é dos segundos.