15/6/08
A TVG CENSURA AS DECLARACIÓNS DO SECRETARIO XERAL DO PPdeG SOBRE O CONFLICTO DA PESCA
O Telexornal Mediodía emitiu as declaracións do secretario de Organización do PSOE, nas que descualificaba ao PP, pero non a réplica do número dous deste partido 13. xuño. 2008.- A TVG censurou hoxe no seu Telexornal Mediodía as declaracións que realizou o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, nas que se refería aos sectores en conflito pola subida do gasóleo, como o da pesca, e pedía a Touriño que exercese de gobernante, mentres defendía a actitude responsable coa que están a actuar os populares. O Telexornal si emitiu as declaracións que fixo o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, nas que criticaba aos dirixentes do PPdeG e pedía a dimisión de Núñez Feijóo.
Nun novo exemplo de falta de ética e manipulación, a TVG limitouse só a dar a versión de Ricardo Varela, pero non a do número dos do PPdeG, incumprindo así a lei de creación da CRTVG e os criterios básicos de programación. Os informativos non respetan os principios de pluralidade, neutralidade e de contraste de opinións.
Con este tipo de prácticas, os medios públicos galegos pretenden censurar todas as noticias que son molestas para o bipartito, como as denuncias que fai o PPdeG respecto a xestión do Goberno, ao tempo que minimiza e silencia as propostas da oposición, de interés para todos os galegos.
A TVG e a Radio Galega son un instrumento partidista ao servizo dos partidos do bigoberno, xa que teñen como obxectivo responder aos sus intereses electoralistas.
A TVG continúa coa súa estratexia de manipulación e censura que ten como obxectivo prexudicar a imaxe do PPdeG, partido maioritario de Galicia, ao que votou case a metade dos galegos. Os informativos están amordazando ao grupo político que ten maior implantación política e social.
Ao censurar as declaracións de hoxe de Alfonso Rueda sobre o conflito da pesca, a TVG quere desviar a atención sobre un tema importante, que está a preocupar aos cidadans. A CRTVG funciona así como brazo mediático de Touriño, e non como un medio ao servizo dos galegos.
Mentres se ocultaba a versión do PPdeG sobre este conflito, o Telexornal tiña tempo dabondo para emitir informacións de moito menos interes social, como é unha reportaxe de que en Vilarino de Conso se crían cabras que producen a apreciada fibra de cachemira.
ELECCIÓN PARLAMENTARIA DO DIRECTOR XERAL
O Partido Popular de Galicia reclama unha vez máis a urxente elección, consensuada, do director xeral da CRTVG polo Parlamento. Ás constantes prácticas de manipulación e censura e á caída de audiencia e da publicidade, fan necesario que coa máxima rapidez sexa elixido o responsable do ente público pola Cámara galega.