13/6/08
CRISE NO SECTOR PESQUEIRO
A Consellería de Pesca deixou de gastar no 2007 máis diñeiro que todas as axudas que Francia aprobou para paliar a crise
Touriño repróchalle ao PPdeG que se reúna co sector cando tería que ser el quen estivera reunido
- Mentres que Sócrates e Sarkosy están a asumir en primeira persoa os problemas da pesca, en España, nin a conselleira, nin Touriño, están nin se lles espera.
- Este goberno non pode facer como que non existe nin a crise, nin as queixas do sector.
- Galicia é a primeira potencia mundial de pesca e Touriño debería estar ao lado do sector e dicindo ao seu goberno, en Madrid, que debe tomar medidas.
- Estamos diante da crise máis dura do sector pesqueiro porque é a primeira vez que para toda a flota ao completo, tanto a baixura, Gran Sol, confrarías....
- A primeira solución é sentarse xa e negociar, como fixo Francia e Portugal, ademais, tendo en conta que Galicia é a rexión estratéxica da pesca mundial.
- PROPOSTAS PPDEG. En Galicia débese:
exonerar as cotas da Seguridade Social, como se fixo en Francia e Portugal;
diminuír as taxas portuarias
aprazar as taxas tributarias de mariñeiros e armadores ata finalizar a crise
crear unha mesa de negociación para conter o impacto dos custes de explotación para o prezo do gasóleo ata o remate da crise
dar axudas directas de mínimos da UE a cada barco
establecer medidas en cascada para que a economía galega non siga sufrindo un impacto irreversible
- O PPdeG lamenta as acusacións de Touriño acusando aos populares galegos de poñerse ao lado da ‘gresca’.
- O que é vergoñento é que o Presidente da Xunta lle reproche ao PPdeG que se reúna co sector cando tería que ser el quen estivera reunido.
- O PPdeG vai reunirse co sector e seguirá a facelo para intentar buscar medidas razoables, que xa están aprobadas noutros países.
- Agora, so falla que Touriño diga que a culpa da crise pesqueira é do PP.
0 Comments:
Post a Comment