A MINISTRA DE FOMENTO VÓLVESE BURLAR DE GALICIA.

8/6/08




Magdalena Álvarez, volveu burlarse de Galicia na comparecencia que protagonizou no Congreso ao evitar concretar unha data para o remate das obras do AVE de conexión coa Meseta.

Sorprende que a ministra negase a existencia dun compromiso concreto para rematar a conexión de Galicia coa Meseta por AVE, cando ela mesma votou, hai catro anos, a favor dunha resolución que poñía como prazo o ano 2009.

É un feito que Magdalena Álvarez leva humillando durante o seu mandato os intereses de Galicia e incluso a propia dignidade dos galegos.

Non hai ningún ministro na democracia con peor balance que a ministra.

A pasada lexislatura foi a máis nefasta en materia de infraestruturas para Galicia:

Ave:


- 0 Kms de AVE electrificados

- 0 Kms de AVE en funcionamento

- o 73% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio ou proxecto

- 3 de cada 4 kms de tren de alta velocidade seguen en estudio ou proxecto, é dicir, sobre o papel

Unha ministra para esquecer.

1 Comment:

Miguel A. Pazos Fernández said...

Felicidades por el nuevo diseño.

Un saludo