FEIJOO E OS GANDEIROS

7/4/09

FEIJÓO BUSCARÁ COAS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS UN PAQUETE DE MEDIDAS PARA TRATAR DE PALIAR A GRAVE SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO GALEGO




- A búsqueda de solucións para garantir a supervivencia do sector lácteo galego será un dos asuntos prioritarios da axenda do próximo Executivo autonómico, dadas as serias dificultades ás que se enfrontan moitos gandeiros da Comunidade para dar saída ao leite que producen.

- O próximo Executivo do PPdeG convocará, nas vindeiras semanas, aos sindicatos agrarios co obxecto de tratar de buscar un paquete de medidas que serán trasladadas posteriormente ao Goberno central e á Comunidade Europea para negociar e tratar de paliar a grave situación do sector lácteo galego.

- Lembrar que a negociación das cotas lácteas resultou prexudicial para Galicia e propiciou que os excedentes lácteos de Francia invadan os mercados españois.

- A magnitude do problema ao que se enfrontan os gandeiros galegos esixe buscar solucións, dado que está en xogo a supervivencia dunha das sinais máis claras de Galicia, onde se produce o 50% do leite do conxunto de España.