25/4/09
A titular do departamento autonómico realizou hoxe a súa primeira saída oficial, cunha visita ó concello de Pontedeume, onde hoxe se puxo en marcha o programa de “Xantar na Casa”
A CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, BEATRIZ MATO, ANUNCIA UNHA NOVA ETAPA DE COLABORACION INSTITUCIONAL COS CONCELLOS PARA GARANTIR A BOA XESTION DAS POLITICAS DE BENESTAR
Beatriz Mato mantivo un encontro de traballo co alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente e visitou un domicilio eumés que dende hoxe disfruta do novo servicio cofinanciado polo Concello, a Xunta, e o propio usuario
A nova titular da Consellería de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou esta mañán o inicio dunha nova etapa, marcada pola colaboración institucional cos Concellos para garantir a boa xestión das políticas de benestar. Así o afirmou en Pontedeume, na súa primeira visita a un concello.
Logo de entrevistarse co alcalde para coñecer as necesidades da vila tanto en materia de benestar como no que atinxe á área de Traballo, Mato afirmou ante os medios de comunicación que “a importancia dunhas materias tan sensibles como o benestar social ou o Traballo, requiren da altura de mira das administracións. Concellos e Xunta están chamados a entenderse polo ben da cidadanía”, explicou a nova Conselleira quen indicou que “o diálogo entre Xunta e Concellos e o mandado popular que temos recibido, e que agora trataremos de levar a cabo dende o novo goberno”.
“Non veño hoxe aqui nin a realizar anuncios, nin a lanzar promesas. Pero si quixera que esta primeira visita a un concello servira para amosar cal vao ser o ánimo desta Conselleira que asume o reto de xestionar, con rigor, sensibilidade, e criterio, os recursos da administración autonómica en materia de traballo e benestar”, indicou. “Estamos ante unha grave crise económica que fai que máis de 160.000 familias galegas padezan no seu seno a lacra do desempleo, e por iso, precisamnte por iso, debemos xestionar con máis eficacia e eficiencia que nunca, os recursos da administración para garantir o bo funcionamento dos Servicios Sociais”.
A DEPENDENCIA, O PRIMEIRO
A Conselleira de Traballo e Benestar indicou que a prioridade do seu departamento é desbloquear a situación na que se atopa o pago das prestacións da Lei de Dependencia. Mato explicou que o seu departamento eliminará a propaganda institucional de Dependencia, e que destinará todos os recursos da publicidade ó pago de prestacións. “temos un compromiso firma coa mellora do benestar de todos os galegos, e esa é agora a nosa prioridade”, explicou. “Hoxe, Dependencia en Galicia é sinónimo de promesas, retrasos e propaganda. A nosa intención é que, a partir de agora Dependencia en Galicia sexa sinónimo de compromiso, prazos, e cumprimentos”, sentenciou a nova titular de Traballo e Benestar.
PROGRAMA “XANTAR NA CASA”
Mato finalizou a súa visita ó Concello de Pontedeume coñecendo en primeira persoa o funcionamento do programa “Xantar na Casa”, que hoxe comezou a funcionar la vila dos Andrade, gracias a un convenio entre a administrración autonómica e o concello de Pontedeume. O novo servicio comeza a funcionar con 11 usuarios, e prevese que o número poida incrementarse nun horizonte próximo. Mato visitou o domicilio dunhas usuarias do novo programa, residentes na parroquia eumesa de Ombre, onde coñeceu o funcionamento do novo servicio. O menu servido ten un coste total de 7,5 euros, por persoa, dos que, 3,5 son aportados pola Consellería que dirixe Mato, 2 polo concello e os 2 restantes polo usuario.
A nova conselleira destacou que o novo programa permite que persoas de idade avanzada poidan seguir residindo no seu entorno habitual, e manter unha alimentación sana e equilibrada.