16/2/09
- Feijóo continúa debullando as propostas do programa electoral do PPdeG mentres PSOE e BNG dedícanse a insultar.
- Todos os seus compromisos están plasmados no contrato asinado cos cidadáns e no que se recollen as liñas programáticas que guiarán a xestión diaria de Feijóo como presidente da Xunta.
- O presidente do PPdeG anima aos votantes a recuperar a confianza na vida política a partir da súa proposta de rexeneración democrática das institucións.
A QUÉ CACIQUES SE REFIRE ZAPATERO: AO QUE MERCOU UN COCHE MÁIS CARO QUE O DE OBAMA OU AO QUE OUTORGA POSTOS A DEDO NA XUNTA
- Zapatero ten que concretar a qué caciques se referiu na Coruña dado o amplo abano de cacicadas -algunhas delas constitutivas de presuntos delictos- cometidas polo bipartito en Galicia ao longo dos últimos catro anos.
- Cando Zapatero fala de caciques pódese estar referindo ao polo de agora presidente da Xunta, o socialista Pérez Touriño, por ter mercado un coche máis caro que o de Obama e levar derrochado 7 millóns de euros de todos os galegos nos seus caprichos de novo rico, remodelando despachos e salas de reunións.
- Pero Zapatero poderíase estar referindo tamén á trama de axentes electorais do PSOE na emigración, financiada con fondos públicos xestionados pola Consellería de Traballo; ou á sucesión de cacicadas impulsadas por Anxo Quintana ao colocar a dedo na Xunta a centos de simpatizantes e militantes do BNG, que aportan como principal mérito as súas ideas políticas.
- Zapatero tamén se podería estar referindo ao proceder caciquil do conselleiro de Medio Ambiente, e número 1 do PSOE por Ourense, Pachi Vázquez, como principal responsable político da desfeita ambiental, sanitaria e económica propiciada polo presidente de Sogama, José Álvarez, ao que protexe, a pesar de que pesa sobre el a sospeita dun presunto delicto continuado contra o medio ambiente e os recursos naturais polo que xa están imputadas 11 persoas vinculadas a esa empresa pública.
- Con todo, o PPdeG lamenta que Zapatero se vaia de Galicia sen pedir explicacións polos consecuencias dos vertidos tóxicos efectuados desde o vertedoiro de Sogama da Areosa que poderían estar contaminando con disruptores hormonais (substancias químicas extremadamente tóxicas, e con efectos nocivos a longo prazo sobre animais e persoas) un curso fluvial que abastece de auga a poboacións como Santiago de Compostela, entre outras.