O PPDEG REDUCIRÁ AS TAXAS PORTUARIAS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO E MARISQUEIRO

21/2/09



- O futuro Goberno do PPdeG vai recuperar para a pesca e para as xentes do mar o protagonismo perdido por culpa do bipartito, retomando unha xestión seria, rigorosa e eficaz, outorgando ao sector pesqueiro o peso político que nunca debeu perder.

- O Executivo de Feijóo converterá a actual Consellería de Pesca nunha Consellería do Mar, para conseguir unha xestión integral que outorgue coordinación e eficacia a todos os asuntos relacionados con este ámbito.

- Como medidas concretas, Feijóo adianta que implantará estímulos fiscais para mellorar a competitividade da pesca e o marisqueo, “afogada” actualmente por unha espiral de altos custes e baixos ingresos.

- Para superar este escenario, nos 100 primeiros días de Goberno, o PPdeG aplicará unha reducción selectiva das taxas portarias de entre o 15 e o 20%.

- Simultaneamente, Feijóo impulsará a creación dun “lobby galego da Pesca” para avanzar na defensa dos intereses pesqueiros de Galicia nos foros comunitarios e internacionais.

- En materia de comercialización, o Goberno de Feijóo implantará máis e mellores controis sobre as importacións de peixe foráneo e sobre a pesca ilegal non declarada.

- Nesa liña de transparencia, o PPdeG impulsará e modernizará o actual Servizo de Gardacostas de Galicia, abandonado polo bipartito, para refozar os labores de inspección e vixilancia, e moi especialmente para loitar contra o furtivismo que ten incrementado a súa actividade nos últimos anos.

- Comprométese tamén Feijóo a devolver ás confrarías de pescadores o papel protagonista que lles corresponde, na súa condición de “marco organizativo básico das comunidades pesqueiras”, logo de catro anos de desprezo e ataque permanente procedente do bipartito.

- O futuro Executivo do PPdeG derrogará os aspectos da Lei de Pesca do bipartito que foron aprobados de costas ao sector.