TOURIÑO DESPILFARRA 4 MILLÓNS DE EUROS EN REMODELAR TRES SALAS DE SAN CAETANO

3/2/09

En tempos de recesión, de paro, de ERES, de peche de comercios, de quebras empresariais, de desconfianza e pesimismo na economía, o BIPARTITO GASTA 4 MILLÓNS na reforma de tres salas e compra cadeiras da 2.269 euros a unidade. É INTOLERABLE

- O presidente da Xunta debe explicar de inmediato por qué autorizou un gasto de 4 millóns de euros en remodelar tres salas da sede do Goberno galego en San Caetano.

- O PPdeG cualifica de “bochornoso” e “escándalo maiúsculo” que o titular do Executivo galego teña dilapidado tal cantidade de diñeiro público en redecorar a sala na que se reúne cos seus conselleiros, a que utiliza para comparecer ante a prensa, e a sala na que se reúnen os secretarios.

- Para o PPdeG esto confirma a tendencia ao luxo e ao malgasto de Emilio Pérez Touriño, que vive empeñado en levar vida de estrela de cinema en lugar da propia dun presidente que goberna unha autonomía que atravesa graves problemas pola crise e o desemprego.

- Touriño volve concederse un capricho co diñeiro de todos, ata o punto de que encargou a compra de 19 cadeiras de deseño por valor de 2.269 euros a unidade.

- Estas obras foron pagadas cos impostos de moitos galegos que agora están no paro.

- Hai meses que o PPdeG vén denunciando a tendencia ao luxo e o gusto polo malgasto que adornan as actuacións dos membros da Xunta: o prezo coche do presidente da Xunta, 480.000 euros, un 50% máis caro que o coche do presidente Obama, que viaxa nunha limusina con blindaxe anti granadas e sistemas de defensa con bombas de fume; gastou máis de dous millóns de euros en remodelar as súas dependencias en San Caetano.

- En tempos de recesión, de paro, de ERES, de peche de comercios, de quebras empresariais, de desconfianza e pesimismo na economía, o Goberno gasta catro millóns na reforma de tres salas e compra cadeiras da 2.269 euros a unidade. É intolerable.

- Os galegos queren unha explicación xa.